OurenseÚltima hora

Abre o prazo para o concurso do cartel do Entroido 2017 do Concello de Ourense

 

O gañador recibirá un premio de 1.00o euros. A Xunta de Goberno Local tamén aprobou as bases do II Certame Literario “Cartas de Amor” para escolares
José Araújo deu conta do falado na Xunta de Goberno Local.

O encargado de dar conta, esta mañá, dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local foi o concelleiro de Infraestruturas e Xardíns, José Araújo, xa que o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, está “a promocionar a nosa cidade en Fitur”, recordou Araújo.

Así é todo, un dos principais puntos tratados na Xunta de Goberno Local de hoxe foron as aprobacións para as bases do concurso do cartel do Entroido 2017 de Ourense, convocado pola Concellería de Cultura. Segundo informou José Araújo, os proxectos que entren a concurso deberán presentarse no rexistro xeral do Concello “nun sobre baixo pseudónimo ou lema” e dentro do envoltorio deberá incluírse o nome e o contacto. As obras “deberán ser estritamente inéditas e orixinais”, sinalou o edil. As bases aprobadas na Xunta de Goberno tamén establecen que os proxectos non deben ter sido premiados con anterioridade nin estar pendentes de resolución do xurado noutros concursos. Asemade, Araújo engadiu que “é importante que figure no cartel o lema Ourense, capital do entroido”

O prazo de entrega dos proxectos remata a primeira semana de Febreiro e o premio para o gañador será de 1.000 euros. As bases do concurso poderán consultarse na web do Concello.

Outras bases que aprobou esta mañá a Xunta de Goberno Local son as do II Certame Literario “Cartas de Amor” para escolares con motivo do día dos namorados. O concurso está convocado pola Concellería de Eduación e nel poderán participar estudantes de 6º curso de Eduación Primaria e 1º da ESO do concello de Ourense. Segundo explicou o voceiro municipal, José Araújo, os temas das epístolas poden ser “o amor ou o desamor”. As bases do concurso din que han de ser escritas en prosa e poden ser tanto en lingua galega como castelá. O espazo que deben ocupar é de 15 a 40 liñas. O Concello plantexa este certame como “unha forma de fomentar a creatividade, a orixinalidade, a capacidade de transmisión de emocións e a ortografía”, subliñou o concelleiro.

O primeiro premio deste certame será un bolígrafo intelixente e un lote de libros e o segundo é un lote de libros.

Entre outros temas, a Xunta de Goberno a probou a “ordenación decrecente das empresas candidatas á xestión do Botánico de Montealegre”. Sendo Xesmega a primeira candidata e que deberá entregar “no prazo de 10 días” documentación que lle esixe o consistorio para conseguir dita concesión. Por outra banda, tamén se acordou a corrección do prego referido ao contrato do vestiario da Policía Local, que se adxudicou en pasadas xuntas de goberno. Devandita modificación corresponde ao prezo do contrato “que é de 74.987 euros anuais durante catro anos”, aclarou Araújo.

CEO: PXOM e AVE

Ademais de dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local, o portavoz do Concello, Jose Araújo respondeu sobre as dúas reclamacións que acordou onte a CEO sobre a axilización do PXOM e a creación da comisión de seguimento do AVE.

A patronal ourensá amosou a súa preocupación ante “as novas dilacións que está a sufrir o PXOM”. Ante estas afirmacións, Araújo respondeu que o futuro do PXOM “é un tema que preocupa a toda a cidade”. Asegurou que o Concello traballou “coa máxima transparencia”, facendo partícipes a todos os grupos con representación municipal. Esperamos a boa vontade dos outros grupos. O edil amosouse comprensivo con esta especie de chamada de atención: “é normal que a CEO estea preocupada porque é algo que afecta directamente á economía da cidade e á súa evolución, eu non me esperaba outra cousa”. E sinalou que é bo “que nolo recorden ao goberno e aos grupos da oposición, porque o Plan Xeral de Ordenación Municipal está para traballar e non para xogar”.

No que se refire á comisión de seguimento do AVE, hai varios días que o alcalde “convocou aos diferentes axentes sociais” para a creación desa comisión de seguimento. Araújo sinalou que “nos parece importante que estean presentes (pola CEO)”. Asemade, lembrou que hai un acordo da Xunta de Portavoces no tocante á materia da chegada da alta velocidade á cidade e que conseguiron, tamén, “colocar na axenda principal do Estado esa variante exterior” que se puxo en dúbida anteriormente.

Artigos relacionados

Back to top button