EconomíaEconomíaÚltima hora

Deputación e FEMP presentan un “Pacto Termal Nacional” para potenciar o sector en España

 

A presentación do “Pacto Termal Nacional” tivo lugar no XII Encontro de Vilas Termais

As vilas termais de Caldas de Reis e Cuntis acolleron hoxe, 8 de abirl, o XII Encontro de Vilas Termais. Durante este encontro, Ourense estivo representada polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, que presentou o “Pacto Termal Nacional”, que consiste nunha “iniciativa para promover o valor económico, cultural e de saúde do termalismo en España e aproveitar as oportunidades que ofrece este sector en España”, expresou o presidente.

Este anuncio do “Pacto Termal Nacional” anunciouno xa o presidente da Deputación na recente inauguración do Balneario de Caldas de Partovia, no Carballiño, que se suma ao anuncio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de crear unha Lei de Augas Termais de Uso Lúdico para regularizar e promover o sector.

En canto ao “Pacto Termal Nacional”, Manuel Baltar asegurou que o principal obxectivo é o desenvolvmento turístico termal eficiente, sustentable e de calidade, con melloras das infraestruturas termais, liñas de axudas para instalacións, investigación, actividades turísticas e campañas de divulgación en vilas e territorios termais. A iniciativa, que abrangue a entidades locais e provinciais, gobernos autonómicos, ao Goberno do Estado e ao sector privado, está liderada pola sección de Vilas Termais da Federación de Municipios e Provincias (FEMP), presidida por Regina Polin, e pola Deputación de Ourense.

Na súa intervención no relatorio referido ao “Termalismo aberto ao século XXI”, Baltar lembrou que xa anunciara esta iniciativa durante a presentación co Ministerio de Industria en Madrid do estudo sobre o turismo termal español -elaborado por Mario Crecente, autor do plan termal provincial-, e dixo que o Pacto Termal Nacional “establecerá dereitos, deberes e obrigas por parte de administracións territoriais, sector privado e usuarios, para lograr entre todos uns estándares de calidade que equiparen o turismo termal español co dos países de Europa de maior nivel”.

Posicionar o termalismo

Baltar explicou no foro termal as reunións que mantivo nas últimas semanas en Bruxelas e Estados Unidos, dirixidas a posicionar o noso termalismo e a procurar estratexias de cooperación con entidades que operan no ámbito internacional, para que estas alianzas favorezan a promoción da riqueza termal dos nosos territorios, e con ela un maior desenvolvemento turístico e económico, baseado no benestar, no descanso e na saúde”, afirmou Manuel Baltar.

O establecemento do Pacto Termal Nacional “permitirá levar a cabo accións coordinadas en ámbitos como a investigación ou a creación de emprego, pasando pola valorización dos recursos naturais por medio dun desenvolvemento local sustentable, que afonde no reto demográfico”, comentou Baltar.

A acción que con máis urxencia propón o Pacto Termal Nacional é instaurar un Programa de Paisaxe Cultural Termal, promovido polo Ministerio de Fomento e a FEMP, deseñado en 2017 e desenvolvido no período 2018-2020 “que tería como obxectivo crear unha liña especifica de axudas para municipios con augas mineiro-medicinais e termais que teñan recursos de valor patrimonial”, expresou Manuel Baltar. Para esta liña de axudas o Pacto Termal suxire destinar 5 millóns de euros anuais, para contribuír a configurar destinos

Artigos relacionados

Back to top button