EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Loita biolóxica contra o chancro do castiñeiro

A conselleira do Medio Rural realizaba unha visita a Riós para supervisar os labores que se están a realizar contra esta doenza
A conselleira do Medio Rural supervisando os traballos de loita biolóxica contra o chancro do castiñeiro en Riós.
A conselleira do Medio Rural supervisando os traballos de loita biolóxica contra o chancro do castiñeiro en Riós.

Nos vindeiros meses realizaranse unhas 34.000 inoculacións de cepas hipovirulentas do fungo Cryphonectria parasitica en castiñeiros galegos afectados polo chancro para provocar a súa cicatrización espontánea. Así o anunciaba a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na visita que realizaba na mañá do 6 de xullo a Riós para supervisar os traballos de loita biolóxica contra esta doenza. Para a realización destas labores durante os anos 2016 e 2017 a Xunta destina preto de 750.000 euros, que forman parte dun orzamento máis amplo (1,6 millóns de euros) centrado na sanidade vexetal no eido forestal.

A conselleira comentaba que Medio Rural traballa dende o ano 2003 no desenvolvemento dun programa de loita biolóxica para o control desta doenza, co obxectivo principal de mellorar e conservar o patrimonio natural dos soutos de Galicia. Neste contexto, apuntaba que “a nosa comunidade é líder dentro de España en produción de castaña, unha actividade que xera arredor de cen millóns de euros anuais en volume de negocio”.

Outro dos momentos da visita realizada ao souto de castiñeiros de Riós.
Outro dos momentos da visita realizada ao souto de castiñeiros de Riós.

Nesta visita Ángeles Vázquez estivo acompañada polo director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto, polo alcalde de Riós, Francisco Veiga; así como polos alcaldes de Vilardevós, Manuel Cardoso; o de Vilariño de Conso, Ventura Sierra, e polo da Gudiña, José María Lago.

Artigos relacionados

Back to top button