CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

María Fidalgo rescata no Barco, a figura de Ferrándiz, ilustrador navideño de referencia no S. XX

A conferencia sobre o Nadal tiña lugar no Casino, organizada polo Instituto de Estudos Valdeorreses

En plena era dixital, na que todo xira en torno ás Redes Sociais (Facebook, Twitter, Instagram,…) e apenas se escriben cartas, María Fidalgo Casares, Doutora en Historia da Arte, Catedrática, escritora, columnista e crítica de arte, rescataba no Barco de Valdeorras a figura de Juan Ferrándiz ilustrador catalán, especializado en contos infantís e postais navideñas, de referencia na segunda metade do século XX.

Facíao no Barco de Valdeorras, convidada polo IEV, na tarde do 22 de decembro. Ata o segundo dandar do Casino se achegaba María acompañada por Luis Enrique Rodríguez “Coquixo”, artista plástico barquense a quen a unen lazos de amizade. Uns lazos que se creaban no ano 1979 cando se trasladaba ao Barco de Valdeorras (súa nai obtivera a Cátedra de Matemáticas). A familia só vivirá un ano na localidade valdeorresa pero a relación con moitos barquenses, entre eles Coquixo, co que ten colaborado en varias ocasións, permanece inalterable. Por iso era el o encargado de presentala aos asitentes, despois de que o propio presidente do IEV, Aurelio Blanco lles dera a benvida.

Tralas presentacións, María Fidalgo comezaba a súa conferencia centrada no ilustrador catalán “o máis importantes do século XX, dos máis plaxiados e copiados”, dixo, asegurando que está “directamente relacionado cos nadais vividos hai corenta anos”. Unhas festas familiares que nada teñen que ver coas actuais, polo menos no que a tradicións se refire. A conferenciante fixo un repaso pola orixe das felicitacións navideñas a partires dos “aguinaldos” con curiosas estampas nas que personaxes de oficios hoxe esquecidos felicitaban as Pascuas de Nada, e a evolución das mesmas, centradas nos anos 50 en imaxes moi clásicas, sobrias e formais. Ata a chegada de Ferrándiz que marcaría un antes e un despois, formando parte da iconografía do Nadal e na orixe do rito familiar. Foi o autor das postais máis populares de hai corenta anos, cun selo moi persoal nas que os nenos e os animais tiñan gran protagonismo. En palabras da experta, as figuras de Ferrándiz irradiaban humildade, sinxeleza, e, inexplicablemente, carecían de rasgos de cursilería que, si tiveron os seus plaxiadores. “Sen recurrir a complexas técnicas gráficas, lograba transmitir tenrura, calidez e humanidade aos seus animais e aos seus populares pastores de mirada pícara e pantalóns cheos de remendos de cores, aos seus anxos humanizados e ás súas virxes con cara de nena ladeada, redonda e con rasgos pouco marcados”.

A conferencia sobre o Nadal e este “gran ilustrador esquecido no ano do seu centenario”, remataba cun brinde por xentileza de adegas Roandi.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button