EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Rueda sobre a situación de Irosa: “Pido un pouco de sentidiño aos que poidan estar poñendo en perigo a viabilidade de empresas das cales viven moitísimas familias”

O presidente da Xunta facía estas declaracións durante a visita que realizaba esta mañá ao Clúster da Pizarra de Galicia, en Sobradelo

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Clúster da Pizarra de Galicia.

 

Durante a súa visita que esta mañá o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, realizaba ao Clúster da Pizarra de Galicia en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), referíase á problemática que se está vivir en Irosa-Samaca. “Agora mesmo hai unha cuestión que nos preocupa moito porque, ademais, na súa raíz, ou polo menos na súa concepción xeral, estase dando noutros sitios de Galicia e tamén viñen a transmitir aquí a posición firme e, sen ningunha dúbida, da Xunta na que entendemos perfectamente os dereitos de todo o mundo pero, por riba de todo, e dentro dun marco xurídico que eu creo que todos temos que respectar, e a Xunta de Galicia o primeiro; o futuro das empresas, a viabilidade e os postos de traballo que supoñen, creo que isto é algo moi serio. Polo tanto todo o mundo debería ter moi claro que isto é algo a preservar polo tanto, estas situacións que ás veces parecen límite, que ás veces parece que non teñen solución, deberían tela. Nese senso, pido un pouco de sentidiño a aqueles que poidan estar poñendo en perigo agora mesmo a viabilidade de empresas das cales viven moitísimas familias”.

Así mesmo, Rueda, lembraba que meses atrás a Xunta de Galicia iniciaba un procedemento expropiatorio, “de acordo coa normativa e totalmente axeitado á legalidade na nosa opinión, e ímolo defender ata o último momento onde corresponda, como estamos facendo porque ao final o que estamos intentando é, respectando o ordeamento xurídico, tamén facilitarlle ás empresas que sigan creando riqueza e postos de traballo”.

Preguntado sobre a Xunta pode facer algo para facilitar que entre as partes se poida chegar a un acordo antes do 29 de novembro (data na que se prevé a execución da sentenza de desafiuzamento), o titular do Goberno galego respondía que lle gustaría “que houbera un acordo, pero iso depende de dúas partes que teñen que chegar a un punto en común dende a razoabilidade. Se hai plantexamentos que non son razoables, supoño que será moi difícil. O que hai detrás, que son moitos postos de traballo, isto debería presidir calquera negociación e calquera postura que se poña enriba da mesa, e ao mesmo tempo, porque quero recordar que había un procedemento expropiatorio, froito dun acordo que tomou a Xunta de Galicia no seu momento, pensando precisamente en que había que darlle viabilidade aos que crean riqueza e postos de traballo. E nese senso, a intención da Xunta de Galicia, manténdose dentro do ordenamento xurídico, creo que é bastante claro como cremos nós que debería resolverse este asunto”.

O presidente da Xunta estaba acompañado pola alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González, quen agradecía que, “como sempre cando hai un problema en Carballeda o presidente e o Goberno galego están aí para axudar e para poñerse a disposición de toda a veciñanza, tanto de Carballeda como de Valdeorras”.

Artigos relacionados

Back to top button