CulturaCulturaÚltima hora

O Irrio, un dos referentes das Festas dos Remedios en Castro Caldelas

O Concello vén de dar a coñecer o seu programa, que se desenvolverá do 30 de agosto ao 10 de setembro

O Irrio Peliqueiro de Castro Caldelas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Castro Caldelas vén de dar a coñecer o programa das súas festas patronais na honra da Virxe dos Remedios. Abriranse o día 6 de setembro, como vén sendo costume, a partir das 12:00 h. da noite en Castro Caldelas. Esa noite vívese todo un ritual: “a Noite das Bandeiriñas”. Os mozos do pobo colocan polas rúas as bandeiras de papel de seda feitas nos días anteriores de forma antesanal polos rapaces e as xentes de cada barrio.

Ademais a mocidade, acompañada pola música dos gaiteiros, o licor café e o bo ambiente, realizan a tarefa de colocar os 16 km. de bandeiras. Ao remate, a altas horas da madrugada, os participantes que aguantan degustan empanada, bica manteigada e viño da Ribeira Sacra.

Remedios en Castro Caldelas: “O Irrio”

O “Irrio Peliqueiro” encarna en sí toda a tradición destas festas, e é o elemento máis característico do folclore de Caldelas. A persoa que o encarna, sempre con identidade oculta por unha barbada máscara de madeira e vestido cun frac, no que resaltan os grandes botóns, vai provisto dunha “pelica” ou vara, coa que persigue e golpea a xente, o cual está entre os seus curiosos dereitos.

É moi respectado e dispón, incluso con carácter oficial, dos seus propios fueros, dados en Castro Caldelas aos sete días do mes de setembro de 1951, polo rexidor da vila. Sobre a súa orixe e significado hai un abano de opinións. Uns pensan que representa a nobreza, outros veno como un defensor do pobo chán e incluso hai quen afirma que pode simbolizar ó demo.

Vicente Risco decía que a sua orixe era totémica, relacionada coas mascaradas prehistóricas arraigadas na cultura popular, e que o non poder ser destruídas pola Igrexa, as integrou.

 

Artigos relacionados

Back to top button