En portadaÚltima hora

“Os Ceos de Trevinca”, protagonistas dunha ruta de montaña o 18 de xullo

A actividade, organizada polo Club Montañas de Trevinca (A Veiga), rematará ás 13:00h do día seguinte, en A Ponte

Unha actividade nocturna en Trevinca. / Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Club de Montañismo Montañas de Trevinca, en colaboración co Concello da Veiga, organiza o próximo sábado 18 de xullo, unha ruta polo Macizo de Trevinca que busca dar a coñecer a singularidade e posibilidades do ceo nocturno desta zona. A saída efectuarase dende a aldea de Vilanova de Trevinca ás 16:00h para chegar a Pena Trevinca arredor das 20:30h e finalizará ao mediodía do día seguinte, en A Ponte.

O percorrido cubrirá un traxecto de 32 km repartido entre a tarde do sábado e a mañá do domingo e terá o seguinte percorrido: Vilanova, Pico Maluro, Crestón do Lombo do Rocín, Pena Trevinca, Lagoas de Piatorta, Lagoa da Serpe, A Ponte.

Para cumprir coas medidas sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus, a actividade está limitada a un total de 20 participantes e convén que teñan posesión da Licencia Federativa de Montañismo 2020. De non ser así, os interesados deberán comunicalo no momento da inscripción para que a organización poida facerse cargo do seguro de accidentes.

Os desprazamentos ata os lugares de reunión deberán realizarse por conta propia en vehículos particulares e os menores de 18 deberán estar acompañados dos seus pais ou persoas acreditadas. É obrigatorio que os participantes leven botas de montaña de caña alta e recoméndase que o equipo estea adaptado á climatoloxía.

A fecha límite para inscribirse é o xoves, día 16, aa as 15:00h. Máis información: http://www.montanasdetrevinca.es/

O programa de “Os Ceos de Trevinca”: 

Sábado 18

16:00h: Recepción de participantes en Vilanova de Trevinca.

20:30h: Chegada a Pena Trevinca (2127m). Chegada ás Lagoas de Piatorta e cea (por conta propia).

23:30h: Charlas: “A paisaxe dun ceo nocturno”, “Razóns astronómicas”, “Mitoloxía celeste”.

Domingo 19

07:00h: “O amencer”, “Saúdo á aurora”, “Simbolismo solar”.

08:00h: Percorrido ata a Lagoa da Serpe (Morfoloxía Glaciar e Lenda da Serpe / antropología).

13:00h: Chegada a Ponte e visita ao Centro da Montaña de Trevinca.

13:30h: Clausura da actividade e despedida. Comida e pincho (opcional).

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button