CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Festival Arteficial de Ribadavia organiza unha nova actividade: o Laboratorio Sonoro

Este proxecto ten como obxectivo principal iniciar a todo tipo de público, con ou sen coñecemento previo da música, nas diferentes prácticas sonoras experimentais propias da música contemporánea e o arte sonora

 

A Asociación Arteficial, creadora do Festival Arteficial de Ribadavia, organiza nesta nova edición a actividade Laboratorio Sonoro. Este proxecto ten como “obxectivo principal iniciar a todo tipo de público, con ou sen coñecemento previo da música, nas diferentes prácticas sonoras experimentais propias da música contemporánea e a arte sonoro”, sinala a organización. Este obradoiro estará dirixido por Pablo Paz e María Domínguez, e celebrarase o 2 de setembro, sábado, encadrado dentro das actividades da nova edición, nº 17, do Festival Arteficial.

Esta actividade desenvolverase na Igrexa de Santa María Magdalena, reconvertida en centro social. Terá unha duración de tres horas, dividido en tres sesión diferentes de unha hora cada unha. Terá una capacidade máxima de 25 persoas maiores de 14 anos e quen queira apuntarse poderá facelo a través da ligazón ubicada na biografía de Instagram do festival, que tamén se pode atopar
nas publicación sobre o tema subida a Facebook.

“O Laboratorio Sonoro busca achegar a música contemporánea e as súas diferentes prácticas artístico-sonoras ao público que, en principio, non soe asistir a este tipo de concertos. Así, crea un espacio de diálogo e experimentación que axudará aos asistentes a iniciarse nas prácticas de improvisación ibre e guiada. Tamén será un espazo onde reflexionar sobre as diferentes paisaxes sonoras que habitamos e o impacto das novas tecnoloxías no noso día a día. A súa finalidade e crear unha presentación pública ao final do evento, nada da creación directa dos participantes do obradoiro”, asegura a organización.

A actividade dividirase en dúas materias. A primeira é a improvisación e a creatividade, “xa que consideramos que nas últimas décadas a improvisación adquiriu un papel fundamental tanto a nivel artístico como pedagóxico. Neste bloque levaranse a cabo unha serie de accións que axudarán aos participantes a desenrolar a súa creatividade e imaxinación, fomentar valores como o traballo en equipo, mellorar a súa velocidade mental e a toma de decisión. A segunda materia será a música escrita, xa que se traballarán unha serie de obras compostas por compositores de prestixio internacional, as cales teñen como obxectivo reflexionar sobre o que nos rodea e os seus sons. Nestas obras prestarase especial atención ao proceso de preparación e experimentación sonora”, contan os promotores.

María Domínguez

María Domínguez é unha pianista especializada en música contemporánea. Desenvolve a súa carreira tanto como solista como en diferentes grupos orquestrais, música de cámara e proxectos interdisciplinais. Participou en festivais como: Festival de Imaxes Sonoras (Bruxelas), Parcours Musicaux (Lille), Festival de Limburgo e Festival Música Sacra (Maastricht), entre outros. Foi galardonada e apoiada por numerosas institucións como Via Zuid Talenmakelaar, Schiting Cultural Entrepreneurship en Maastricht, Fundación Conservatorio Maastricht, Art Buro Limburg e Festival Peter de Grote.

En 2017, María finalizou o seu Máster en Interpretación de piano clásico no Conservatorio de Maastricht coa cualificación de sobresaínte cum laude, e a especialización “Contemporary Music through Western techniques” no Conservatorio de Ámsterdam.

Pablo Paz

Pablo Paz é un percusionista polifacético e multidisciplicar especializado en música clásica e música dos s. XX e s. XXI. Gravou e tocou en diferentes teatros e festivais de Francia (Mezzo TV, Radio France, Le Corum de Montpellier o a Ópera de Lille), Alemaña (Festival Europeo de Dusseldorf), Países Baixos (Festival de Limburgo, Festival Let’s Catch UP, Teatro AINSI, entre otros), Bélxica (Theatre de Liège. Ópera Nacional de Bélxica “La Monnaie”, Ópera de Flandes, Ópera de Wallonia…), Luxemburgo ou España (Merza Percusión Festival, Festival de Música Actual de Badajoz, Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, Festival de Música Contemporánea de Lugo, Ciclo de Música Contemporánea de Badajoz, etc.), entre outras salas e teatros de Europa.

Tamén desenvolveu a súa carreira no campo orquestral, traballando con algunhas das orquestras máis importantes de Bélxica.

Esta actividade enmárcase dentro das accións de difusión do Carné Xove grazas ao apoio de Abanca e da Dirección Xeral de Xuventude, PArticipación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button